DSC07884 (1)
Novas primeiro equipo

Pucela celeste | Real Valladolid 0-1 RC Celta

RC Celta

O Celta sumou tres puntos cruciais na súa visita a Zorrilla. Un tanto de Marcos Alonso desde os 11 metros deu a vitoria aos de Claudio Giráldez nun partido a domicilio, moi disputado, que se sentiu casa.

O encontro comezou gris, con ocasións de ambos os equipos, que non chegaron a porto. 45 minutos nos que destacou un disparo desviado de Iago Aspas e unha polémica xogada na área local como intentos tímidos que deixaron ao primeiro tempo sen cambios no marcador.

O segundo acto mostrou a un Celta máis decido, pero tamén a un Valladolid que non deixaba de presionar, en busca de lograr a vantaxe nalgunha contra. Un final de partido de ida e volta que parecía asinar o empate, cando a xogada decisiva chegou: penalti de Javi Sánchez, revisado polo VAR, a favor dos celestes. Pena máxima que, con calma e experiencia, non perdoou Marcos Alonso (1-0). O defensa celeste abriu a lata cun tanto que valería 3 puntos, xa que a pesar de varios intentos do Valladolid nos últimos compases, os de Giráldez mantivéronse firmes.

Esta vitoria supón un paso máis no camiño ascendente do Celta, que suma xa seis xornadas sen coñecer a derrota. Tres puntos que valen dobre por ser a domicilio e polo apoio do celtismo, que tinguiu de celeste Valladolid no maior desprazamento da tempada. Grazas afección, este triunfo é voso!

FICHA TÉCNICA:
0 – Real Valladolid: Hein; Candela (Machis, min.90+), Cömert, Javi Sánchez, Aznou; Nikitscher, Mario Martín (Marcos André, min.73), Grillitsch (Chuki, min.63); Anuar (Iván Sánchez, min.63), Sylla (Arnu, min.90+) e Moro.

1 – RC Celta: Guaita; Javi Rodríguez, Starfelt, Marcos Alonso; Carreira, Fran Beltrán, Hugo Sotelo (Damián, min.86), Mingueza (Jailson, min.90+); Iago Aspas (Fer López, min.71), Borja Iglesias (Pablo Durán, min.71) e Alfon (Iker, min.86).

Gol: 0-1, Marcos Alonso (p.), minuto 83.

Árbitro: García Verdura (Comité Catalán). Mostrou cartulina amarela aos locais Aznour, Moro e Sylla, e aos visitantes Marcos Alonso, Alfon e Mingueza.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 28 de LALIGA EA SPORTS, disputado no Estadio José Zorrilla, ante 17.521 espectadores.

 

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas