O Celta xa coñece ao seu primeiro rival da presente Copa del Rey. Este mediodía, a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) levou a cabo, na Ciudad Deportiva de Las Rozas, o sorteo dos emparellamentos para a primeira rolda da competición e o azar determinou que os celestes se medirán ante o Puerto de Vega a finais deste mes en El Campón.
O conxunto asturiano clasificouse o pasado venres para xogar a Copa drl Rey tras vencer ao Alberite por un resultado global (ida e volta) de 5 a 1.
Esta primeira rolda será un encontro ilusionante para o conxunto astur, pero tamén para os de Claudio Giráldez, que o próximo 28, 29 ou 30 de outubro arrincarán a terceira das competicións nas que participan este ano.