O ‘Trofeo Memorial Quinocho’ dentro desta especial tempada de Centenario xa ten rival e data. O RC Celta medirase ao Olympique de Lyon o vindeiro sábado 29 de xullo ás 20:00 horas en Abanca Balaídos nun torneo sempre especial e emotivo para o celtismo.
O equipo de Rafa Benítez xogará ante un club histórico, fundado en 1899, nunha das citas de pretemporada máis esperadas pola afección celeste.
Como é habitual, os abonados poderán acceder de maneira gratuíta co seu carné da tempada 2023/2024. Ademais o partido será emitido en directo por Celta Media a través das súas canles dixitais.