Primeiro Equipo

Radoja: “Estou moi contento. A miña primeira impresión é de dez”

RC Celta

presentacionradoja01.jpg

O serbio, que será celeste as próximas cinco tempadas, levará o dorsal 6 na súa camisola

 

O Real Club Celta presentou hoxe a Nemanja Radoja como novo centrocampista celeste. Balaídos acolleu a posta de longo do internacional Sub-21 serbio como futbolista céltico. O vicepresidente do club, Pedro Posada, e o director deportivo, Miguel Torrecilla, acompañaron ao xogador na súa presentación.

 

Posada deu a benvida a Radoja en nome do club: “Vas atoparche un vestiario magnífico. Grazas por elixir ao RC Celta”. Pola súa banda, Miguel Torrecilla definiu ao serbio como “un centrocampista de corte defensivo. É un xogador que equilibra, con moi boa técnica e saída de balón” e destacou que “é un xogador de moitísimo futuro que vai ser importante”.

 

“Estou moi contento. Vin no primeiro adestramento xente nova e con moita intensidade”. Radoja coñeceu aos seus compañeiros de vestiario esta mañá na Madroa e recoñece que a primeira impresión “foi de dez”. O ex capitán da Vojvodina asegurou que chega “físicamente preparado. A liga no meu país xa empezara e xoguei o pasado fin de semana”.

 

O centrocampista declarou que o adestrador do primeiro equipo, Eduardo Berizzo, comunicoulle esta mañá que o sábado poderá participar ante o Cagliari no Memorial Quinocho: “Espero xogar e poder demostrar desde o primeiro minuto que son un xogador válido”, asegurou o centrocampista.

 

Radoja levará o dorsal 6 na súa camiseta.

 

presentacionnemanja02.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas