Catro futbolistas do primeiro equipo do Celta foron convocados polas súas seleccións para disputar partidos de clasificación para o próximo Mundial e a Eurocopa Sub-21. Trátase de Andrei Radu, Borja Iglesias, Carl Starfelt e Williot Swedberg que se atopan concentrados cos seus respectivos combinados nacionais.
A convocatoria de Borja Iglesias coa Selección Española é unha das grandes noticias desta semana. O dianteiro celeste regresa á absoluta máis de dous anos e medio despois da súa última participación. Borja iniciou a tempada a un grandísimo nivel que chamou a atención do seleccionador Luis de la Fuente para contar con el nos dous encontros oficiais de clasificación para o Mundial que disputará “La Roja“:
Sábado 11/10: España vs Xeorxia (20:45h.)
Martes 14/10: España vs Bulgaria (20:45h.)
Tamén regresa coa súa selección Andrei Radu, no seu caso tras dous anos sen enfundarse a camiseta de Romanía. O porteiro asinou un gran inicio de tempada en Vigo, mostrando seguridade e carácter baixo paus. O seu bo momento valeulle para volver a unha convocatoria internacional, cun amigable e un partido oficial:
Xoves 09/10: Romanía vs Moldavia (20:00h.) – Amigable
Domingo 12/10: Romanía vs Austria (20:45h.) – Clasificación Mundial
O combinado nacional sueco tamén contará con presenza celeste por partida dobre. Carl Starfelt foi convocado para os duelos de clasificación ante Suíza e Kósovo, partidos decisivos para o futuro da súa selección no camiño ao Mundial:
Venres 10/10: Suecia vs Suíza (20:45h.)
Luns 13/10: Suecia vs Kósovo (20:45h.)
Por outra banda, Williot Swedberg continúa crecendo coa selección sueca Sub-21 e disputará dous importantes encontros clasificatorios para a Eurocopa 2027: