Primeiro Equipo

RC Celta e SD Compostela homenaxean mañá aos cidadáns e profesionais que auxiliaron ás vítimas de Angrois

RC Celta

Compostela-Celta_2013.jpg

Os abonados celestes poden adquirir as entradas gratuitas por anticipado na oficina de Balaídos

 

O Real Club Celta mídese mañá á Sociedade Deportiva Compostela, unha cita moi especial e emotiva na que recordarase ás vítimas do accidente ferroviario de Angrois e homenaxearase aos cidadáns e profesionais que auxiliaron aos accidentados.

 

As entradas para o encontro, que terá lugar ás 21:00 horas no Multiusos de San Lázaro (Santiago de Compostela), son gratuitas e poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio compostelán. Ademáis, os abonados do Real Club Celta poden recoller billetes para este partido nas oficinas do club, situadas en Balaídos, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.

 

O adestrador do primeiro equipo, Luis Enrique, confeccionou unha lista de 24 xogadores para participar neste partido, entre eles varios futbolistas do filial céltico: Sergio, Yoel, Hugo Mallo, Jony, Cabral, Jonathan Vila, Fontás, Aurtenetxe, Toni, Bellvís, Borja Oubiña, Álex López, Rafinha, Orellana, Nolito, David Rodríguez, Charles, Soto, David Costas, Goldar, Javi Rey, Borja Domínguez, Marcos Torres e Aitor.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas