Case corenta días despois de finalizar o curso 2023/2024, o primeiro equipo do RC Celta inicia a pretemporada da próxima campaña coa realización das probas médicas.
Desde primeira hora deste mércores, os integrantes do equipo comezaron a chegar de maneira ordenada e individual á Clínica RC Celta de A Sede para someterse ao recoñecemento médico pertinente. Estas probas levarán a cabo ao longo do día de hoxe e estarán dirixidas polo Dr. Óscar Díaz.
O equipo reincorporarase de forma definitiva aos adestramentos na Cidade Deportiva Afouteza o venres 5 de xullo para preparar os partidos de pretemporada, que arrincarán o 13 de xullo no encontro ante o SL Benfica.