Raíces, identidade, canteira, proxecto…. O RC Celta afianza o seu camiño, que percorre da man da afección, coa renovación do adestrador Claudio Giráldez ata xuño de 2027. Un técnico novo, formado na casa, no que o club confiou no tramo final da pasada tempada, liderará dous anos máis ao primeiro equipo do RC Celta.
O club ascendeu a Claudio Giráldez do Fortuna ao primeiro equipo o día doce do pasado mes de marzo e desde entón o adestrador porriñés mostrou un grao de compromiso e unha valía incuestionables. Con Giráldez ao fronte, o equipo celeste ha disputado 19 partidos de Liga, nos que desenvolveu un fútbol valente, ambicioso e efectivo, e que acumula 9 vitorias e tres empates para sumar 30 puntos, cunha media de 1,58 puntos por encontro.
Con esta renovación, o RC Celta potencia o seu proxecto, reforza o crecemento da súa canteira e proporciona ao celtismo unha proposta futbolística propia, alegre, ambiciosa e de gran vistosidade.
Xunto a Claudio Giráldez, renovan tamén a totalidade dos actuais integrantes do corpo técnico do adestrador do Porriño.