horizontal celta huesca 291220
Primeiro Equipo

RC Celta – SD Huesca | Así chegan os equipos ao choque en Abanca Balaídos

RC Celta

O RC Celta recibe este mércores 30 de decembro ás 19:15 á SD Huesca no que será o último partido do ano 2020 para o equipo vigués. Os de Coudet chegan ao choque ligueiro no seu mellor momento: cinco partidos de LaLiga consecutivos sen coñecer a derrota dos cales catro foron vitorias. O conxunto celeste comeza a decimosexta xornada do campionato ocupando a oitava posición da táboa con 20 puntos.

A SD Huesca chega a Vigo en posicións de descenso, pero os galegos non deben confiarse ante un rival que logrou sumar como visitante en cinco do oito partidos que disputou esta tempada lonxe do Alcaraz. Os azulgranas viaxan coas baixas seguras de Valera e Maffeo por lesión e de Insua por sanción, mentres que o dianteiro Sandro Ramírez podería recuperarse dunha lesión de cuádriceps a tempo para o partido.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas