Foto 26-7-24, 19 23 11
Primeiro Equipo

RC Celta vs Gil Vicente FC (1-0) | Resumo e goles | Highlights Pretemporada RC Celta

RC Celta

O RC Celta mantense invicto na pretemporada 24/25 sumando unha nova vitoria ante o conxunto portugués, Gil Vicente FC.

O tanto do partido chegou da man de Tasos Douvikas, no minuto 72, tras unha asistencia de Carles Pérez que o grego remata coa esquerda directo ao fondo da rede. Pero, sen dúbida, un dos momentos máis especiais do encontro foi o regreso ao terreo de xogo de Joseph Aidoo que, tras estar apartado máis de nove mese por unha grave lesión, saltaba ao campo acollido pola gran ovación que lle dedicaba o público alí presente.

A próxima cita, dentro do calendario de pretemporada do RC Celta, fará parada en Francia onde os nosos mediranse ante o Lille OSC no estadio de Hainut o martes, 30 de xullo ás 19:00. Un novo amigable de máximo nivel no que continuarán preparándose e probando sensacións para arrincar na mellor forma posible a próxima tempada de LALIGA que arrincará o venres, 16 de agosto, ante o Deportivo Alavés en Abanca Balaídos.

FICHA TÉCNICA:

1 – RC Celta: Iván Villar, Manquillo, Carlos Domínguez, Jailson, Sergio Carreira, Damián, Hugo Sotelo, Cervi, Iago Aspas, Pablo Durán e Jonathan Bamba. Tamén xogaron Williot, Alfon, Carles Pérez, Tasos Douvikas, Fran Beltrán, Hugo Álvarez, Starfelt, Javi Rodríguez, Unai Núñez, Óscar Mingueza, Javi Rueda e Joseph Aidoo.

0 – Gil Vicente: Andrew, Mutombo, Buatu, Rubén, Sandro, Mory, Maxime,Fujimoto, Santi, Félix e Depú.

Goles: 1-0, min. 72′ Douvikas.

Árbitro: Alberto Gómez Lameiro (Comité galego).

Incidencias: Cuarto partido amigable da pretemporada 24/25 disputado na Cidade Deportiva Afouteza ante a presenza dos 200 afeccionados gañadores das entradas sorteadas polo club.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas