Foto 23-7-24, 13 22 38
Primeiro Equipo

RC Celta vs Real Sporting (2-1) | Resumo e goles | Highlights Pretemporada RC Celta

RC Celta

Segunda vitoria consecutiva do RC Celta da pretemporada ante o Real Sporting. Un encontro, baixo a intensa calor que arrasaba a Cidade Deportiva Afouteza, que supuxo a terceira proba á que se enfrontaban os de Claudio Giráldez no camiño de preparación da próxima tempada.

O conxunto asturiano conseguía poñerse por diante no marcador cun gol de Caicedo no minuto 8. Pero, ao fío da media hora, un imparable Tasos Douvikas recibía  un balón de Williot que mandaba ao fondo da rede. Xa na segunda parte, sen demasiadas oportunidades para ambos os equipos, Cervi Franco conseguía desequilibrar a balanza subindo un novo tanto ao marcador tras a asistencia de Iago Aspas.

O próximo encontro será ante o Gil Vicente o vindeiro venres, 26 de xullo ás 18:00, na Cidade Deportiva Afouteza.

FICHA TÉCNICA:

2 – RC Celta: Marc Vidal, Javi Rueda, Óscar Mingueza, Unai Núñez, Starfelt, Hugo Álvarez, Damián Rodríguez, Fran Beltrán, Alfon, Douvikas e Williot Swedberg. Tamén xogaron Bamba, Sergio Carreira, Carlos Domínguez, Hugo Sotelo, Iago Aspas, Franco Cervi, Pablo Durán, Manquillo, Jailson, Miguel Román e Carles Pérez.

1 – Real Sporting: Yáñez, Guille Rosas, Mbemba, Diego Sánchez, Pablo García, Jesús Bernal, Olaetxea, Nacho Méndez, Juan Otero, Gaspar Campos e Jordy Caicedo.

Goles: 0-1, min. 8′ Caicedo; 1-1, min. 27′ Douvikas; 2-1, min. 86 Cervi.

Árbitro: Miguel Oliveira Dios (Comité galego). Amonestou con cartón amarelo a Williot no min. 47.

Incidencias: Terceiro partido amigable da pretemporada celeste que se disputou na Cidade Deportiva Afouteza.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas