20220420_Partido_RCCeltaVsGetafeCF_3
Primeiro Equipo

O Getafe CF leva os tres puntos en Abanca Balaídos (0-2)

RC Celta

O RC Celta caeu derrotado por 0-2 ante o Xetafe CF en Abanca Balaídos no partido correspondente á trixésimo terceira xornada de LaLiga. O conxunto azulón levaría os tres puntos cun dobrete de Borja Mayoral.
O Celta puido adiantarse no marcador no primeiro minuto de xogo cun remate de Brais Méndez que se ía á madeira. Tras unha tramo inicial sen un dominador claro, o Xetafe dispoñía da segunda ocasión clara do encontro por medio de Enes Ünal e, pouco despois, chegaría o 0-1 nas botas de Borja Mayoral. O dianteiro visitante volvía aparecer novamente ao comezo da segunda metade para facer o 0-2 ao contragolpe.
Os celestes melloraron co paso dos minutos, cercaron a portería visitante e dispuxeron de dúas boas oportunidades nas botas de Santi Mina e Brais Méndez. Con todo, o Xetafe foi capaz de defender a súa vantaxe para levar os tres puntos de Abanca Balaídos.
Con este resultado, o Celta mantense con 39 puntos tras 33 xornadas de competición. Depués deste encontro, os celestes mediranse ao Granada CF o vindeiro domingo 1 de maio nos Cármenes ás 16:15 na trixésimo cuarta xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

0 – RC CELTA: Dituro; Kevin (Solari, min. 56), Aidoo, Murillo, Javi Galán; Fran Beltrán, Brais Méndez (Orbelín, min. 81), Denis Suárez (Galhardo, min. 72), Cervi (Nolito, min. 56); Iago Aspas, Santi Mina.

2 – GETAFE CF: David Soria; Damián, Djene, Mitrovic, Jorge Cuenca, Olivera; Óscar (Aleñá, min. 90), Florentino (Okay, min. 90+4), Arambarri; Borja Mayoral (Sandro, min. 90), Enes Ünal.

Goles: Borja Mayoral (0-1, min. 23); Borja Mayoral (0-2, min. 51).

Árbitro: Jaime Latre, do colexio aragonés. Amonestou a Solari e Murillo, do RC Celta, e a Jorge Cuenca, Mayoral, Óscar, Florentino e Olivera, do Getafe CF.

Campo: Abanca Balaídos, 9.941 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas