20220402_Partido_RCCeltaVsRealMadridCF_3
Primeiro Equipo

Excesivo castigo ante o Real Madrid CF nun Abanca Balaídos vibrante (1-2)

RC Celta

O RC Celta caeu derrotado por 1-2 ante o Real Madrid CF en Abanca Balaídos no partido correspondente á trixésima xornada de LaLiga. O conxunto madridista adiantouse no marcador e, a pesar da igualada dos celestes, levaron os tres puntos cun novo gol desde os once metros.
A igualdade foi a tónica dominante nos primeiros minutos de xogo. Denis Suárez, cun disparo afastado, protagonizou a primeira gran ocasión dos celestes, mentres que Benzema e Vinicius tentábano por parte do conxunto merengue. Un partido que se desnivelaba pasado o primeiro cuarto de hora cun gol de Benzema desde o punto de penalti. Os de Eduardo Coudet non baixaron os brazos tras o 0-1 e puideron igualar cun libre directo de Iago Aspas que salvaba Courtois.
O Celta saíu mellor que o Real Madrid tras a continuación e, froito diso, chegaba o empate por medio de Nolito tras unha gran xogada colectiva. Pouco durou a alegría para o conxunto céltico, que viu como se lle sinalaban dous penaltis en contra, o primeiro deles detido por Dituro, que significaban o 1-2 por medio de Benzema na terceira pena máxima do encontro.
Abanca Balaídos, na súa mellor entrada da tempada, empuxou a un Celta que o tentou, sen premio, ata o final. Tras este encontro, os celestes mediranse ao RCD Espanyol o vindeiro domingo 10 de abril no RCDE Stadium ás 16:15 na trigesimoprimera xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

1 – RC CELTA: Dituro; Kevin, Aidoo, Murillo, Javi Galán; Fran Beltrán (Tapia, min. 72), Brais Méndez (Orbelín, min. 80), Denis Suárez, Nolito (Santi Mina, min. 72); Galhardo (Cervi, min. 59), Iago Aspas.

2 – REAL MADRID CF: Courtois; Lucas Vázquez (Carvajal, min. 60), Militão (Nacho, min. 85), Alaba, Mendy; Modrić (Fede Valverde, min. 73), Casemiro, Kroos (Dani Ceballos, min. 85); Asensio (Rodrygo, min. 59), Benzema, Vini Jr.

Goles: Benzema, p. (0-1, min. 18); Nolito (1-1, min. 52); Benzema, p. (1-2, min. 69).

Árbitro: González Fuertes, do colexio asturiano. Amonestou a Javi Galán, Thiago Galhardo e Murillo, do RC Celta.

Campo: Abanca Balaídos, 15.714 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas