ESCUDO-1300x400-02

RC Celta eSports clasifícase á gran final de eLaLiga 21/22

RC Celta


No día de onte celebrouse a última superjornada para pechar a fase regular da tempada 2021/2022 de eLaLiga Santander. RC Celta eSports, encadrado dentro do grupo B, conseguiu a clasificación con JRA10 aos mandos. Tras o empate (2-2) ante o Real Valladolid CF de Neat e a derrota (2-1) ante o Getafe CF de Marin__2001, o xogador celeste conseguiu unha gran vitoria (4-3) ante o Real Betis de Zumaquero.
No global da fase regular, RC Celta eSports sumou dentro do grupo B un total de 31 puntos en dezaoito partidos cos resultados obtidos por JRA10 e MaximoCuevas. Ambos xogadores colleitaron oito vitorias, sete empates e tan só tres derrotas, cun balance de 54 goles a favor e 36 en contra.
Desta forma, o equipo celeste finalizou en sexta posición e participará na gran final da competición, que terá lugar en Madrid o 7 e 8 de maio. RC Celta eSports medirase ante o Levante UD o sábado 7 de maio ás 15:00.

RC Celta

Etiquetas

Noticias recomendadas