20220410_Partido_RCDEspanyolVsRCCelta_3
Primeiro Equipo

Derrota do RC Celta nos últimos minutos ante o RCD Espanyol (1-0)

RC Celta

O RC Celta caeu derrotado por 1-0 ante o RCD Espanyol no RCDE Stadium no partido correspondente á trixésimo primeira xornada de LaLiga. Nun partido no que a igualdade foi a tónica dominante, o cadro local terminouse levando os tres puntos no tramo final do tempo regulamentario.

O partido comezaba cunha dobre ocasión para Aspas e Cervi nos primeiros minutos dunha primeira metade con alternativas para ambos os conxuntos, onde o Espanyol dispuxo dunha boa oportunidade nas botas de Sergi Darder.

A melloría celeste foi palpable tras o descanso, podéndose adiantar no marcador cunha xogada na que a zaga local despexou en ata tres ocasiones. Co paso dos minutos, o encontro foi entrando nunha fase de ida e volta da que sairía favorecido o Espanyol, que levaba os tres puntos por medio de Wu Lei.

Tras esta derrota, o RC Celta sitúase en duodécima posición con 36 puntos. Os celestes mediranse ao Athletic Club o vindeiro domingo 17 de abril en San Mamés ás 18:30 na trigesimosegunda xornada de LaLiga.

FICHA TÉCNICA

1 – RCD ESPANYOL: Diego López; Óscar Gil, Calero, Cabrero, Pedrosa; Bare (Vilhena, min. 66), Herrera; Embarba (Wu Lei, min. 66), Sergi Darder, Puado (David López, min. 90+1); Raúl de Tomás (Aleix Vidal, min. 90+1).

0 – RC CELTA: Dituro; Kevin, Aidoo, Araújo, Javi Galán; Fran Beltrán, Brais Méndez (Solari, min. 66), Denis Suárez, Cervi; Santi Mina (Galhardo, min. 46), Iago Aspas.

Gol: Wu Lei (1-0, min. 88)

Árbitro: Alberola Rojas, do colexio castellanomanchego. Amonestou a Herrera, Calero, Bare e Vilhena, do RCD Espanyol, e a Kevin, do RC Celta.

Campo: RCDE Stadium, 18.471 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas