O partido de hoxe pode ser clave para o futuro do Celta nesta Europa League. Os dous equipos están invictos e xóganse o liderado do grupo nesta terceira xornada, na que o Ajax chega a Balaídos tras dúas vitorias ante o Standard de Lieja (1-0) e o Panathinaikos (1-2).
Aquí mostrámosvos algúns dos xogadores a seguir durante o partido de hoxe en Balaídos:
10. D. Klaassen
Con 23 anos, Davy Klaasen é un dos xogadores do Ajax con máis proxección e un fixo no once de Peter Bosz. Trátase dunha media punta polivalente, vertical e habilidoso. O centrocampista holandés leva seis goles en nove partidos, o que lle sitúa como máximo goleador do seu equipo na liga holandesa.
25. K. Dolberg
Este mozo de apenas 19 anos xa apunta maneiras cos seus catro goles na Liga, que o sitúan a só un tanto de Klaassen na competición. O dianteiro danés xa conseguiu o seu primeiro gol na Europa League contra o Standard de Lieja dándolle a vitoria ao equipo holandés.
22. H. Ziyech
Hakim Ziyech é un xogador habilidoso, con desborde e moi rápido que adoita xogar detrás do dianteiro ou pola banda. Aos seus 23 anos, este centrocampista holandés de orixe marroquí, é unha das apostas do Ajax para esta tempada tras o seu bo ano no Twente.
9. B. Traoré
Bertrand Traoré é outro dos dianteiros habituais no once do equipo holandés. O xogador de Burkina Faso de 21 anos, cedido esta tempada ao Ajax polo Chelsea, xa se estreou como goleador na Europa League ante o Panathinaikos. Na Eredivisie suma outros dous tantos e é un dos xogadores que máis minutos acumula en ambas competicións.
5. D. Sánchez
Aos seus 20 anos, Davinson Sánchez é un dos defensas destacados do Ajax . De nacionalidade colombiana e roldando o 1,90 de estatura, xa conseguiu dous goles para o seu equipo na liga holandesa, ambos de cabeza e no mesmo partido, dando mostras do seu poderío no xogo aéreo.
27. N. Gudelj
O internacional serbio é outro dos máximos goleadores do Ajax na liga holandesa, onde marcou 2 goles. O seu 1,87 m de estatura faio un xogador perigoso nas accións de estratexia, un dos aspectos que tentará explotar o Ajax na súa visita a Balaídos.