Os catro futbolistas do RC Celta que estiveron concentrados coas súas respectivas seleccións durante o parón internacional xa disputaron todos os seus compromisos.
O centrocampista Okay Yokuslu disputou os 90 minutos no empate ante Islandia que certificou a clasificación de Turquía para a próxima Eurocopa mentres que descansou no encontro ante Andorra.
Pola súa banda, Joseph Aidoo completou os dous partidos que Ghana venceu a Sudáfrica (2-0) e Santo Tomei e Príncipe (0-1) na fase de clasificación para a próxima Copa de África de Nacións.
Stanislav Lobotka tamén tivo gran protagonismo coa súa selección. O centrocampista celeste disputou íntegros os partidos de Eslovaquia ante Croacia, onde ademais repartiu unha asistencia de gol, e Azerbaixán.
Por último, Fran Beltrán xogou 25 minutos no encontro da Selección Española Sub-21 ante Macedonia do Norte e e disputou toda a segunda metade no duelo ante Israel. Ambas as citas correspondentes á fase de clasificación da próxima Eurocopa da categoría.