horizontal resumen
Primeiro Equipo

Remontada e un pasiño máis cerca!

RC Celta

O estadio Abanca Balaídos volveu converterse nunha caldeira no partido correspondente á xornada 36 de LALIGA EA SPORTS que enfrontaba ao RC Celta e ao Athletic Club. Unha noite chea de tensión na que comezaban poñéndose por diante os de Ernesto Valverde cun gol de Álex Berenguer. Pero nin o conxunto celeste nin o celtismo deixou de crer e a remontada chegaría cos tantos de Williot Swedberg e Hugo Álvarez.

FICHA TÉCNICA:

2 – RC Celta: Iván Villar, J. Manquillo, Carl Starfelt, C. Domínguez, Carles Pérez (Mingueza 45´), Fran Beltrán, Damián, Manu Sánchez (Hugo Álvarez 45´), J. Bamba (Iago Aspas 45´), J. Larsen e Swedberg (Cervi 77´).

1 – Athletic Club: Unai Simón (Aguirrezabala 61), Imanol García, Aitor Paredes, Yeray, Iñigo Lekue, Adu Ares (Raúl García 61´), Beñat Prados (Mikel Vesga 75´), Unai Gómez, Dani García (De Galarreta 75´), Álex Berenguer e Asier Villalibre (Iñaki Williams 61´).

Goles: Álex Berenguer (22´), Swedberg (68´), Hugo Álvarez (71´).

Árbitro: García Verdura (Comité Catalán). Amonestou a Carl Starfelt (80´) e a Cervi (94´).

Incidencias: Partido correspondente á xornada 36 de LALIGA EA SPORTS disputado no Estadio Abanca Balaídos ante 21.301 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas