O centrocampista peruano, Renato Tapia, finaliza a súa vinculación co RC Celta este 30 de xuño. O xogador, que chegou á entidade celeste o 20 de xullo de 2020, emprende agora unha nova etapa na súa traxectoria deportiva.
Renato Tapia pecha desta maneira a súa estancia no equipo celeste tras catro anos nos que disputou 120 partidos.
O RC Celta quere agradecer ao xogador a súa profesionalidade, dedicación e implicación ao longo destes anos e desexarlle moitos éxitos na nova etapa deportiva que agora emprende.
Grazas, Renato!

Primeiro Equipo