O centrocampista Renato Tapia recibiu este sábado no céspede de Abanca Balaídos o trofeo Estrella Galicia que lle acredita como o mellor futbolista da presente tempada. O peruano acumulou ao longo da campaña tres premios a xogador do mes, mentres que Iago Aspas e Santi Mina lograron dúas distincións. Tapia expresou a súa satisfacción e gratitud por este premio e destacou a gran tempada realiza polo equipo.
O mediocentro celeste disputou esta tempada 32 partidos de Liga e dous de Copa, cun total de 2.817 minutos de xogo. Foi, sen dúbida, unha das grandes revelacións do campionato cun extraordinario rendemento na súa primeira tempada no RC Celta. O internacional peruano destacou de xeito especial nas labores de contención, cuns números impresionantes: 53 intercepcións, 226 recuperacións e 68 despexes. Pero tamén o fixo na creación de xogo, co 82 por cento de acerto no pase, unha asistencia e 28 regates realizados.