Estrella-scaled-e1613653160874
Primeiro Equipo

Renato Tapia, Premio Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro

RC Celta

Renato Tapia recibiu na Cidade Deportiva Afouteza o premio ao Xogador Estrella Galicia do mes de xaneiro polas súas destacadas actuacións durante o primeiro mes do ano. O centrocampista peruano obtivo o 50% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Brais Méndez e Santi Mina cun 25% cada un.

Tapia mostrou a súa alegría ao recoller o seu segundo premio Estrela Galicia como xogador do RC Celta e agradeceu o apoio dos afeccionados. “Moitísimas grazas á afección celtista, e a todos os afeccionados de Perú que me votaron. Vou seguir traballando duro para que veñan máis trofeos”, apuntou.

Respondendo a preguntas dos afeccionados celestes, Tapia explicou como foi a súa adaptación á cidade e á competición, facendo fincapé no boa que é a gastronomía galega. Tamén chanceou sobre as súas accións sobre o terreo de xogo ao recoñecer que “ou pasa o balón ou pasa o xogador” e asegurou que os seus referentes foron Lampard e Gerrard.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas