A enfermería celeste volve baleirarse. O centrocampista Renato Tapia superou por completo a lesión que padecía, unha rotura fibrilar de grado 1 no bíceps femoral dereito, e nas últimas horas recibiu a alta médica.
O medio centro peruano lesionouse nun partido da Copa América coa súa selección nacional desputado o pasado 19 de xullo en Brasil.