O RC Celta logrou un traballado empate no sempre complicado estadio do Atlético de Madrid (0-0). Os celestes ofreceron unha boa imaxe, controlando o balón durante boa parte do encontro, aínda que sen definición na finalización das xogadas. Mención aparte para Rubén Blanco, quen se luciu na portaría celeste cun bo repertorio de paradas.