O RC Celta non puido puntuar en Abanca Balaídos trala derrota por 0-2 fronte ao Granada CF. O conxunto andaluz adiantouse grazas aos goles de Germán Sánchez e Yangel Herrera. Os locais víronse cunha doble inferioridade numérica á media hora de partido, polas expulsións de Jorge Sáenz e Fran Beltrán, ambas tras actuar o VAR.