O RC Celta colleitou a súa primeira vitoria da tempada ante o Valencia CF (1-0). Fíxoo cun gran gol de Gabriel “Toro” Fernández, nun magnífico partido de todo o equipo que, ademais, estivo empuxado en todo momento por unha afección celeste entregada.