O defensa céltico Robert Mazán non puido participar no adestramento deste mércores por un proceso catarral, o cal lle obrigou a gardar repouso. O xogador eslovaco entra nun parte médico do equipo no que tamén aparecen Jensen e Maxi Gómez, lesionado este martes durante o amigable da Selección Uruguaia en Xapón.