O municipio onubense de Rociana del Condado, pobo natal do futbolista celeste José Naranjo, brindou unha homenaxe ao xogador este xoves na casa consitorial. Unha representación da comitiva municipal recibiu a Naranjo e fíxolle entrega da bandeira e o escudo da localidade.