Primeiro Equipo

Rossi chega a Vigo para pechar a súa incorporación ao Celta

RC Celta

rossivigo2.jpg

 

O mediapunta Giuseppe Rossi chegou este domingo a Vigo para completar a súa fichaxe polo Real Club Celta. O futbolista italiano superou o recoñecemento médico satisfactoriamente e a súa incorporación ao club vigués queda pendente de pechar o acordo definitivo.

 

Rossi (Teaneck, Estados Unidos; 1 de febreiro de 1987) é un xogador que, aínda sen cumprir 30 anos, deixou unha indeleble pegada no fútbol español, onde exhibiu unha enorme capacidade goleadora e un gran talento no cento oitenta encontros que disputou en Primeira División.

O atacante chega ao RC Celta para enriquecer a liña ofensiva do equipo vigués con boas doses de experiencia, tanto en España como a nivel internacional, desequilibrio, gol e visión de xogo.

 

rossivigo1

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas