Giuseppe Rossi xa está en EEUU, onde este xoves será intervido cirurxicamente da rotura do ligamento cruzado anterior da súa perna esquerda, unha lesión que o dianteiro italiano sufriu o pasado 9 de abril durante o partido de Liga ante a SD Eibar.
O Dr. Steven Singleton, galeno norteamericano que se encargou das anteriores operacións de xeonllo de Rossi, será o encargado de dirixir a intervención que se realizará na cidade de Dallas. Por petición expresa do xogador, o Dr. García Cota, xefe dos servizos médicos do RC Celta, viaxará á cidade texana nas próximas horas para estar presente durante a operación.