Primeiro Equipo

Rubén Blanco álzase co premio Xogador Estrella Galicia de outubro

RC Celta

Rubén Blanco recibiu este martes na cidade deportiva da Madroa o premio ao Xogador Estrela Galicia do mes de outubro, o seu segundo galardón no que vai de tempada. O porteiro celeste obtivo o 48% dos votos emitidos pola afección a través das redes sociais do club, seguido por Iago Aspas cun 28% dos votos e de Néstor Araújo cun 24%.

O canteirán de Mos, que recolleu o trofeo de mans de Ángel Pérez e Carlos Rial, propietario e encargado da Cafetería Castelo Real, mostrou a súa alegría e agradecemento ao recoller o seu segundo premio a mellor xogador do mes consecutivo. “Quixese dar as grazas como sempre á afección por este recoñecemento”, apuntou.

De face ao próximo partido de LaLiga ante o Valladolid, onde o RC Celta busca dar continuidade ao triunfo que conseguiu o pasado domingo ante o Vilarreal, Rubén Blanco resaltou a importancia do mesmo. Ademais, valorou o estado da súa lesión. “As lesións sempre chegan en mal momento e non penso noutra cousa que en recuperarme canto antes”, concluíu.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas