ruben-blanco.jpg
Primeiro Equipo

Rubén Blanco recibe o premio Xogador Estrella Galicia de agosto e setembro

RC Celta



Rubén Blanco recolleu este mércores na Madroa o premio ao Xogador Estrella Galicia dos meses de agosto e setembro. O porteiro celeste obtivo o 45% dos votos emitidos pola afección celtista a través das redes sociais do club, seguido por Joseph Aidoo cun 35% dos votos e de Fran Beltrán cun 20%.

O canteirán, que recibiu o galardón de mans de Jaime Perozo, técnico de patrocinios deportivos de Estrella Galicia, mostrou a súa alegría ao recoller o primeiro premio a mellor xogador do mes da tempada e quixo mandar unhas palabras aos afeccionados. “Grazas a todos por este recoñecemento”, apuntou.

De cara ao próximo partido de LaLiga ante o Alavés, onde o RC Celta debe facer bo o triunfo ante o Athletic Club, Rubén Blanco destacou a importancia do mesmo. “O partido ante o Athletic había que gañalo e, aínda que seguimos tendo cousas que puír, o tres puntos foron moi importantes”, asegurou. “Estamos enfocados en seguir mellorando, sabemos que o camiño é moi longo pero a dirección que levamos é moi boa”, concluíu.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas