okay-yokuslu-celebracion-gol-celta-vigo-sevilla-balaidos-020219.jpg
Primeiro Equipo

Sacrificio e puntería para vencer ao Sevilla FC (1-0)

RC Celta

O RC Celta conseguiu unha importantísima vitoria ante o Sevilla FC (1-0) grazas un gol de Okay Yokuslu. Os de Miguel Cardoso realizaron un notable partido en defensa e aproveitaron unha das escasas ocasións que concederon os andaluces para deixar o tres puntos en ABANCA Balaídos.

A primeira metade estivo marcada pola igualdade entre ambos equipos. RC Celta e Sevilla FC tiveron paciencia para trazar as súas xogadas de ataque. Os celestes dispuxeron da súa chegada máis perigosa nas botas de Boufal, mentres que os andaluces achegáronse á portería de Rubén en varios contragolpes.

A segunda metade continuou coa mesma dinámica. Os visitantes tiveron dúas ocasións claras que Ben Yedder non puido transformar e foi Okay Yokuslu o que abriu o marcador pasado o minuto 70 tras un saque de esquina. Os celestes tiraron de sacrificio nos últimos minutos para asegurar a vitoria.

FICHA TÉCNICA

1- RC Celta: Rubén; Hugo Mallo, Cabral, Araujo, Juncà; Okay Yokuslu (Costas, min 84), Fran Beltrán; Brais Méndez, Jozabed (Lobotka, min 68), Boufal (Sisto, min, 78) e Maxi Gómez.

0 – Sevilla FC: Vaclik; Kjaer, Sergi Gómez, Mercado; Promes, Banega, Vázquez (Amadou, min 69), Arana (Roque Mesa, min 35); Sarabia (Escudero, min 76); Ben Yedder e André Silva.

Goles: 1-0, Okay Yokuslu, min 72;

Árbitro: Ricardo de Burgos Bengoetxea, do comité vascó. Amonestou a Okay Yokuslu, Beltrán, Costas, Brais Méndez (RC Celta) e a Sarabia, Sergi Gómez, Banega (Sevilla FC)

Campo: ABANCA Balaídos (17.503 espectadores)

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas