O RC Celta conseguiu unha vitoria vital ante a Real Sociedade (0-1) que lle permite impulsarse na clasificación. Os de Óscar García disputaron un encontro moi serio e impuxéronse ao cadro donostiarra grazas a un penalti transformado por Iago Aspas.
Na primeira metade apenas houbo ocasións de gol e a maior parte de xogo desenvolveuse no centro do campo. Os xogadores celestes foron aos poucos facéndose co control do balón e no tramo final Iago Aspas inventouse un penalti que el mesmo transformou en gol.
No segundo tempo o equipo local estirou liñas e achegouse máis á portaría de Rubén Blanco, que detivo de maneira impecable as ocasións que xeraba o equipo vasco. Os xogadores celestes souberon sufrir no tramo final e conseguiron tres puntos moi importantes.
FICHA TÉCNICA
0 – Real Sociedad: Remiro, Zaldua (Gorosabel, min 72), Llorente, Aritz, Monreal (Muñoz, min 57), Merino, Zubimendi, Odegaard (Portu, min 57), Oyarzabal (Isak, min 72), Januzaj, Willian José
1 – RC Celta: Rubén Blanco, Kevin, Aidoo, Murillo, Olaza, Bradaric (Araujo, min 76), Beltrán (Brais Méndez, min 46), Rafinha, Denis (Nolito, min 70) Suárez, Santi Mina (Smolov, min 83), Iago Aspas (Sáenz, min 76)
Goles: 0-1 Aspas, min 45:
Árbitro:Prieto Iglesias (Navarra). Amoestou a Monreal, Zubimendi, Januzaj (R. Sociedad) e a Rafinha, Smolov (RC Celta)
Campo: Reale Arena