Santi Mina xa adestra con total normalidade. O dianteiro celeste sufriu ante o Rayo Vallecano unha elongación do bíceps femoral da súa coxa esquerda, unha lesión que lle mantivo de baixa durante quince días e da que xa está totalmente recuperado.
O vigués volve estar dispoñible para Eduardo Coudet, que poderá contar co atacante para o partido de LaLiga ante o Villarreal (sábado 20 de novembro, 14:00, Abanca Balaídos).