16-9
Novas primeiro equipo

Seis xogadores do Celta internacionais neste parón de marzo

RC Celta

Seis futbolistas do primeiro equipo do Celta foron convocados polas súas seleccións para disputar partidos de clasificación para o próximo Mundial e a Eurocopa Sub-21. Trátase de Andrei Radu, Borja Iglesias, Carl Starfelt, Williot Swedberg, Fer López e Jones El-Abdellaoui que se atopan concentrados cos seus respectivos combinados nacionais. Este é o calendario completo:

Borja Iglesias (España):

  • Venres 27/03: España vs Serbia (21:00h.) Estadio La Cerámica
  • Martes 31/03: España vs Exipto (21:00h.) RCDE Stadium

Andrei Radu (Romanía):

  • Xoves 26/03: Turquía vs Romanía (20:00h.) Tüpraş Stadyumu (Eliminatorias Copa do Mundo – Semifinal)

Carl Starfelt e Williot Swedberg (Suecia):

  • Xoves 26/03: Ucraína vs Suecia (20:45h.) Estadio Ciudad de Valencia (Eliminatorias Copa do Mundo – Semifinal)

Jones El-Abdellaoui (Marrocos sub-23):

  • Xoves 26/03: Marrocos vs Costa de Marfil (20:00h.) Mohammed VI Football Academy (Salé)
  • Fer López (España sub-21):
  1. Venres 27/03: Chipre vs España (16:00h.) AEK Arena (Clasificación UEFA EURO U-21)
  2. Martes 31/03: España vs Kosovo (19:00h.) Centro Deportivo Alcalá de Henares (Clasificación UEFA EURO U-21)

O Celta deséxalles o maior dos éxitos en todos os seus compromisos internacionais e mostra o seu orgullo ante unhas convocatorias que son o reflexo do traballo e o nivel do plantel celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas