
Óscar Mingueza, Joseph Aidoo, Fer López, Franco Cervi, Mihailo Ristić e Marc Vidal finalizan a súa vinculación co Celta este 30 de xuño, poñendo así fin á súa etapa como xogadores do primeiro equipo.
O club quere agradecerlles a súa profesionalidade, compromiso e dedicación durante a súa estancia en Vigo, así como a afouteza coa que sempre defenderon o escudo celeste.
Do mesmo xeito, o Celta deséxalles o maior dos éxitos nos novos retos deportivos que agora emprenden.
Esta sempre será a vosa casa. Grazas!