IMG_20260426_233310_868
Novas primeiro equipo

Sen premio na Cerámica | Villarreal CF 2-1 Celta

RC Celta

O Celta caeu por 2-1 na súa visita ao Villarreal CF tras un partido moi condicionado por un penalti nos primeiros minutos que puxo o encontro costa arriba desde o inicio. A pesar da adversidade, o conxunto de Claudio Giráldez competiu ata o final, recortou distancias na segunda metade grazas a un tanto de Borja Iglesias desde os once metros e quedou ás portas do empate.

O choque púxose costa arriba practicamente desde o saque inicial. Nunha das primeiras accións do encontro, unha xogada dentro da área celeste sobre Moleiro foi sinalada como penalti e Gerard Moreno transformouno para facer o 1-0. Lonxe de virse abaixo, os de Claudio Giráldez tentaron adueñarse do balón e levar o peso do xogo, xerando algunha chegada e mantendo a orde ante un Villarreal cómodo á espera. O partido entrou nunha fase máis igualada, pero ao fío do descanso volveu golpear o conxunto local. O partido entrou nunha fase máis igualada, pero o conxunto local volveu golpear no minuto 29; Pépé sorprendeu á defensa celeste cun gol que estableceu o 2-0 co que se marcharon aos vestiarios.

Tras a reanudación, o Celta saltou ao céspede cunha clara intención de meterse de novo no partido. Claudio Giráldez moveu o banco e o premio chegou no minuto 73 cun penalti a favor do cadro celeste. Borja Iglesias encargouse do lanzamento e non fallou, no segundo intento, para asinar o 2-1. A partir de aí, os galegos volcáronse sobre a área defendida por Tenas na procura do empate. As chegadas sucedéronse no treito final, pero o balón non entrou e o marcador non se moveu ata o asubío final.

Agora, o Celta pon a mirada en Abanca Balaídos, onde o vindeiro domingo recibirá ao Elche CF coa firme intención de reencontrarse coa vitoria e seguir sumando para manterse na pelexa polos postos europeos.

FICHA TÉCNICA:
2 – Villarreal CF: Arnau Tenas; Freeman, Rafa Marín, Renato Veiga, Pedraza (Sergi Cardona, min. 78); Santi Comesaña, Pape Gueye (Dani Parejo, min. 78), Alberto Moleiro (Thomas Partey, min. 90+2), Nicolas Pépé (Alfon González, min. 78), Georges Mikautadze (Ayoze Pérez, min. 85) e Gerard Moreno.
1 – Celta: Andrei Radu; Sergio Carreira, Javi Rodríguez, Yoel Lago, Marcos Alonso (Iago Aspas, min. 76); Óscar Mingueza, Hugo Sotelo (Fer López, min. 76), Ilaix Moriba, Hugo Álvarez (Álvaro Núñez, min. 76); Pablo Durán (Ferran Jutglà, min. 46) e Borja Iglesias (Hugo González, min. 83).
Goles: 1-0, min. 2: Gerard Moreno, de penalti; 2-0, min. 29: Pépé; 2-1, min. 73: Borja Iglesias, de penalti.
Árbitro: Alejandro Quintero González (Comité Andaluz). Mostrou cartón amarelo a Marcos Alonso (min. 14), Andrei Radu (min. 29), Pablo Durán (min. 45+3), Borja Iglesias (min. 74), Ilaix Moriba (min. 90+4) e Iago Aspas (min. 90+5) por parte do Celta e a Pedraza (min. 18) e Pape Gueye (min. 70) por parte do Villarreal CF.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 32 de LaLiga EA Sports disputado no Estadio da Cerámica. Hugo González debuta en Liga co primero equipo celeste.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas