Sergi Gómez adestrou este venres sen limitacións co resto do grupo e xa ten a alta médica. O central celeste sufriu unha luxación escapulohumeral no ombreiro dereito no partido de Liga no Camp Nou e, aínda que podería ter que pasar por quirófano a final de tempada, a súa evolución foi moi positiva e salvo contratempo poderá competir con total normalidade.