Primeiro Equipo

Sergi Gómez: “Esta tempada demos un paso ao fronte a nivel de madurez”

RC Celta

160416_RP_Sergi_Gomez_Web.jpg

 

“Por suposto que estamos a gozar. Estamos a vivir un momento moi bonito e oxalá que dure”, afirma Sergi Gómez que, no entanto, lanza unha mensaxe de cautela: “Somos conscientes do que custou chegar até onde estamos agora e o fácil que se pode escapar. Temos que aferrarnos a iso e non esquecer que ninguén regala nada e que depende de nós”.

 

O central celeste prefire centrarse no próximo rival, o Real Betis, e non facer contas nin supostos sobre a clasificación final do equipo: “Céntrome en cada encontro que falta. Son finais e depende de nós afrontalos mellor que o rival”, asegura Gómez quen considera que a vitoria ante o cadro bético pasará por “ter unha vez máis o control do partido, defender a posesión do balón e xogar polas bandas”.

 

Sergi Gómez asentouse esta tempada no once titular, ofrecendo un gran rendemento acorde á extraordinaria campaña do equipo. Por enriba do individual, o defensor catalán expresa a súa satisfacción polo grupal, subliñando o “paso á fronte a nivel de madurez” respecto ao ano pasado: “Sabemos entender moito mellor os partidos, hai un compromiso defensivo de todos os xogadores… o equipo deu un paso de xigante. Que as ganas de quedar o máis arriba posible non nos descentre”, sinala.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas