Primeiro Equipo

Sergi Gómez: presenza física, dominio do xogo aéreo e regularidade para a zaga celeste

RC Celta

sergigomez00.jpg

O central foi presentado en Balaídos tras pecharse o acordo definitivo. Levará o dorsal 20

 

O RC Celta pechou a súa terceira contratación para a tempada 2014/2015: Sergi Gómez. O central chega ao Celta polo tres próximas tempadas e levará o dorsal 20 na súa camiseta. Sergi foi presentado en Balaídos tras pecharse o acordo definitivo.

O novo xogador celeste estivo acompañado na súa presentación pola conselleira Carmen Avendaño e o director deportivo Miguel Torrecilla. A conselleira deu a benvida ao central en nome de todo o club, á vez que lle desexou “o maior dos éxitos”. Pola súa banda, Miguel Torrecilla destacou do futbolista “a súa saída do balón solvente, os seus grandes conceptos defensivos e o seu xogo aéreo”. Sergi Gómez mostrouse “moi contento” e asegurou que o Celta “é unha gran oportunidade a nivel futbolístico. É un salto de xigante e estou a desexar achegar o meu granito de area”.

sergigomez01.jpg

Sergi Gómez (28 de marzo de 1992, Arenys de Mar) ingresou na canteira do FC Barcelona no ano 2006. O defensor, partícipe do ascenso do Barça B a Segunda División na 2009/2010 cando aínda estaba en idade xuvenil, debutou en partido oficial có primeiro equipo barcelonista na ida da Supercopa de España 2010 ante o Sevilla, encontro no que disputou os 90 minutos. A tempada pasada Gómez acumulou 3.138 minutos repartidos en 36 partidos da categoría de prata. Como internacional foi convocado por todas as categorías inferiores da selección española ata chegar á Sub-21.

firmasergi00.jpg

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas