Sergio Álvarez e Iago Aspas recolleron este domingo, na previa do partido de Liga ante a Real Sociedad, o trofeo Xogador Estrella Galicia da tempada. Os canteiráns celestes comparten o galardón ao ser os que máis veces recibiron o galardón que a cervexeira galega entregou cada mes durante esta campaña tendo en conta os votos da afección nas redes sociais do club.