sergio-lesion-tw.png
Primeiro Equipo

Sergio Álvarez sofre unha rotura en ambos meniscos do seu xeonllo dereito

RC Celta

Malas noticias na enfermaría do RC Celta. A resonancia magnética á que foi sometido Sergio Álvarez este xoves desvelou que o porteiro sofre unha rotura nos dous meniscos do seu xeonllo dereito así como unha lesión parcial no ligamento cruzado anterior da mesma articulación. O gardameta de Catoira será operado nos próximos días e o tempo de baixa oscilará entre os dous e catro meses en función de se se realiza a extracción da zona meniscal danada ou a reconstrución da mesma. O RC Celta desexa ao canteirán celeste unha pronta recuperación.

 

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas