O internacional danés Pione Sisto, autor de dous goles neste arranque ligueiro, recibiu este xoves na Madroa o Premio Xogador Estrella Galicia. Coa entrega do galardón a Sisto por parte de José Villanueva, responsable de patrocinios de Hijos de Rivera, dáse comezo a esta iniciativa que, a partir do próximo mes, deixará en mans dos afeccionados do Celta a elección do que consideren mellor xogador dese período de tempo. A través das redes sociais do club poderán participar nunha votación popular ao final de cada mes para recoñecer o bo desempeño do plantel celtista.