20240713_Prensa_BenficavsRCCelta-8
Novas primeiro equipo

SL Benfica vs RC Celta (2-2) | Resumo e goles | Highlights Pretempada RC Celta

RC Celta

O RC Celta empata co SL Benfica no seu primeiro partido de pretempada (2-2). Os celestes e os encarnados repartíronse os puntos nun encontro disputado na cidade portuguesa de Águeda.

Durante a primeira metade, o equipo local tomou a dianteira con dous goles do grego Pavlidis, pero, na segunda parte, os pupilos por Claudio Giráldez replicaron con forza. Iago Aspas viu porta na súa primeira xogada con balón tras entrar ao campo, e pouco despois, o canteirán, Pablo Durán, logrou subir ao luminoso o tanto do empate.

O equipo prepárase agora para o seu segundo partido de pretempada, co obxectivo de seguir afinando a súa forma física e táctica para o novo curso 24/25.

FICHA TÉCNICA:

2 – SL Benfica: Soares; Gouveia, Tomás Araújo, Morato, Álvaro Carreras; Rollheiser, Joao Mario; Neres, Prestianni, Aursnes; Pavlidis. También jugaron: Gomes, Bajrami, Parente, Florentino, Cabral, Pedro Santos, Barreiro, Schjelderup, Gustavo e Leonardo.

2- RC Celta: Iván Villar; Sergio Carreira, Jailson, Carlos Domínguez, Ristic; Beltrán, Hugo Sotelo; Bamba, Carles Pérez, Alfon y Douvikas. También jugaron: Óscar Mingueza, Marc Vidal, Javi Rueda, Unai Núñez, Starfelt, Manquillo, Damián, Hugo Álvarez, Miguel Román, Swedberg, Cervi, Pablo Durán e Iago Aspas.

Goles: 1-0, min. 12′ Pavlidis (p); 2-0, min. 27′ Pavlidis; 2-1, min. 69′ Iago Aspas; 2-2, min. 73′ Pablo Durán.

Árbitro: Claudio Pereira (Portugal). Mostrou cartón amarelo a Javi Rueda (min. 92′).

Incidencias: Partido de pretempada disputado no Estadio Municipal de Águeda (Portugal).

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas