ESCUDO-1300x400-02
Primeiro Equipo

Sobresaliente no terceiro exame do RCCelta en Londres (1-3)

RC Celta
AspasSalida2
O Real Club Celta sumou un novo test de preparación para a volta da liga en terras inglesas. Os de Carlos Carvalhal venceron (1-3) ao Brentford nun encontro onde o frío helador e o resultado do traballo realizado na Cidade Deportiva Afouteza foron os protagonistas.
Adiantouse o Brentford no primeiro minuto collendo conxelado ao equipo celeste. Pero desde ese instante o dominio foi absoluto. Iago Aspas marcou por partida dobre e Larsen sumouse á estatística goleadora.
O próximo partido do RC Celta xa será en partido oficial. O xoves 22 de decembro #ante o Gernika na Copa do Rey. O conxunto celeste pechará o ano 2022 recibindo ao Sevilla o día 30 de decembro en Abanca Balaídos. Será ás 19:15h e arrincará un ano de Centenario máxico.
RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas