As probas realizadas polos servizos médicos do club a Augusto Solari desvelan que o centrocampista sofre unha pequena rotura parcial no tendón do adductor medio da coxa esquerda. O tempo de recuperación será dunhas tres semanas. Solari lesionouse durante a segunda metade do partido do pasado sábado ante o Real Madrid en Abanca Balaídos pouco despois do seu ingreso no terreo de xogo.