16-9
Primeiro Equipo

Tadeo Allende, traspasado ao Inter de Miami

RC Celta

O Celta e o Inter de Miami alcanzaron un acordo para o traspaso de Tadeo Allende. O dianteiro arxentino continuará a súa carreira deportiva na MLS, onde demostrou un notable crecemento e un rendemento goleador sobresaliente ao longo da pasada tempada.

Tadeo aterrou en Vigo en xaneiro de 2024, procedente de Godoy Cruz, e desde o primeiro día integrouse con rapidez na dinámica do primeiro equipo, achegando intensidade, verticalidade e unha actitude sempre comprometida co proxecto celeste. Ao longo do ano no que defendeu o escudo do Celta, o extremo disputou un total de 13 encontros oficiais, acumulando 430 minutos de xogo nos que asinou tres goles e unha asistencia.

En xaneiro de 2025, Tadeo Allende puxo rumbo ao Inter de Miami en calidade de cedido, unha decisión que resultou clave para o seu crecemento deportivo. Na MLS, o futbolista de Mina Clavero protagonizou unha tempada sobresaliente, asinando 24 goles e 3 asistencias nos 54 partidos oficiais disputados.

Aos seus 26 anos, Allende inicia agora un novo capítulo na súa carreira deportiva para o que o Celta lle desexa o maior dos éxitos e agradécelle o seu compromiso durante a súa etapa como celeste.

O contrato está condicionado á recepción do CTI unha vez abra o mercado da MLS.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas