O RC Celta chegou a un acordo para traspasar a Gabriel ‘Toro’ Fernández ao Pumas. O dianteiro uruguaio comprométese co equipo mexicano tras chegar ao conxunto vigués na tempada 2019/20.
‘Toro’, que estivo cedido no Real Zaragoza e posteriormente no FC Juárez, disputou un total de 22 partidos coa camiseta do RC Celta. Neles marcou un gol e deu unha asistencia.
O RC Celta quere desexarlle sorte e éxito na súa nova etapa persoal e deportiva.