O dianteiro uruguaio Gabriel “Toro” Fernández gardou repouso este xoves por causa dunha síndrome gripal. O atacante é a principal novidade dun parte médico no que tamén se reflicte a boa evolución de David Costas e Rafinha, ambos xa adestrando co grupo. Por outra banda, Juan Hernández e Juncà continúan cos seus respectivos procesos de recuperación.
Podes consultar o parte completo AQUÍ.