O RC Celta xa coñece aos seus rivais para a Fase de Grupos da Europa League. Dez anos despois da súa última participación nunha competición continental, o club vigués reencontrarase con vellos coñecidos no Grupo G como o Ajax e o Standard de Liége, ademais do Panathinaikos grego.
“Integramos un grupo moi forte”, recoñeceu o adestrador Eduardo Berizzo tras o sorteo, quen asegurou que nos prepararemos, gozaremos, competiremos e tentaremos vencer a todos”.
Consulta todos os grupos da UEL 16/17 aquí.